Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Investigada unha vimiancesa por simular un delito de estafa

Garda Civil equipo estafas
Equipo de estafas da Garda Civil
Investigada unha vimiancesa por simular un delito de estafa
Unha veciña de Vimianzo está a ser investigada pola Garda Civil como presunta autora dun delito de estafa e simulación de delito. Foi a propia veciña a que se presentaba o pasado mes de febreiro nas dependencias oficiais da Garda Civil de Vimianzo para presentar unha denuncia na que indicaba dous cargos fraudulentos realizados coa súa tarxeta de débito por un valor de 575,19 euros.

A Garda Civil comprobou que os cargos supostamente fraudulentos foran realizados e autorizados pola propia denunciante. Ademais, aproveitara a denuncia para reclamar á súa entidade bancaria o prexuízo económico que supostamente sufrira, recibindo a correspondente indemnización.

"Finxir ser vítima tamén é un delito", lembra a Garda Civil.

Comentarios