Xoves. 28.03.2024
El tiempo

IxVim pide ao goberno local que comparta os plans do POS

IxVim pide ao goberno local que comparta os plans do POS

Volve o grupo da oposición de Independientes por Vimianzo á palestra para denunciar o que considera "unha nova actuación con prepotencia". Para os independientes "o goberno do BNG está a elaborar un Plan de Obras e Servizos (POS) sen contar cos membros da oposición". Consideran que deste xeito "está mal gastando tempo e diñeiro e debe negociar as obras que se van a elaborar en Vimianzo para o próximo ano".

Consideran dende a oposición que "a actitude que está tendo é temeraria, xa que de presentar uns proxectos sin ter aprobado os orzamentos é de dicifil que lle sexan asumidos polo resto dos grupos". "A prepotencia é a imposición non se pode exercer con maioría absoluta, e menos con unha minoria clamorosa", sentencian.

Actividades polas parroquias

Tamén pide o grupo de IxVim que "se organicen e se lle aclare aos veciños das nosas parroquias o estado no que se atopan as actividades cultuarias, das cales xa se teñen cobrado as tasas pero que aínda non están determinadas nin datas, lugares nin cales se van impartir".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de IxVim.

Comentarios