mércores. 04.12.2024
El tiempo

IxVimianzo clarexa a súa postura sobre a sentencia da Casa da Cultura e pide austeridade

IxVimianzo clarexa a súa postura sobre a sentencia da Casa da Cultura e pide austeridade

O voceiro de Independientes por Vimianzo, Manuel Soto, que a semana pasada denunciaba un inicio de lexislatura co "enchufismo" como protagonista, quere clarexar hoxe a súa postura do partido sobre a situación da Casa da Cultura. Soto indica que "a nosa postura é o máximo respeto ás decisións xudiciais, non pode ser doutra maneira".

I é que se ben o Concello está obrigado a pagar 740.000€ á empresa do irmán do ex alcalde, o pleno xa decidiu recorrer a sentenza. Coas críticas do PP enriba da mesa, o BNG prometía en campaña que conseguiría non pagar esa débeda, e agora é o seu avogado o que traballa por botala abaixo sentencia.
Dende o grupo da oposición afirman que "esperemos que así sexqa, porque o que non pode facer o alcalde é pedirnos que desacatemos as sentencias, non pode pedirnos que non fagamos caso aos xuíces".

Propostas de aforro

Aseguran dende IxVim que xa aportaron ideas de aforro como que "se eliminen as partidas para os partidos políticos, que se rebaixen as dietas ao 50%, que se limiten as dedicacións". E sinalan tamén que "a contratación da número 5 da súa lista non é boa para as arcas, que son 2.893 ao mes".

En todo caso, dende o partido independiente aseguran que teñen intención de "apoiar tódalas accións destinadas a mellorar os servizos aos veciños, a facilitalas obras", indicando que seguirán "propoñendo obras e servizos, medidas de aforro, propoñendo alternativas", destaca Soto.

Novas relacionadas co asunto da Casa da Cultura

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa de Manuel Soto, voceiro de IxVimianzo.

Comentarios