Luís Lamela e Fernando Vidal reeditan a resistencia franquista en Vimianzo
09:03 12/04/12
Este sábado día 14 de abril o Concello de Vimianzo artella unha serie de actividades para conmemorar a todas as persoas que loitaron pola liberdade nos temps do franquismo. Uns actos que comezarán ás 19.30 horas cunha simbólica frenda floral no Castelo de Vimianzo, para continuar ás 20 horas cunha Charla coloquio no Auditorio da Casa da Cultura.
"A resistencia á ditadura franquista nos primeiros anos da Posguerra en Vimianzo e na comarca" é o título da charla, na que participarán Luís Lamela, escritor e investigador da memoria histórica, que mesmo ten un libro sobre os agochados no Monte Pindo, e Fernando Vidal, investigador da memoria histórica.
Novas relacionadas
- Muxía dá voz ás Silenciadas.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Aurora Marco protagoniza o mes de marzo da Galería Mulleres e se achega por Muxía.
- Luís Lamela homeaxea cun libro aos escapados do Pindo.
Fonte
- Concello de Vimianzo.