Luns. 09.12.2019
El tiempo

Aurora Marco protagoniza o mes de marzo da Galería Mulleres e se achega por Muxía

Aurora Marco protagoniza o mes de marzo da Galería Mulleres e se achega por Muxía

Segue a Galería Mulleres de Muxía recuperando personalidades, femininas, históricas. E este mes de marzo quere adicarllo a Aurora Marco, a mestra e literata compostelá.

Aurora estará ademais este mes, concretamente o sábado 17, en Muxía presentando o seu libro “Mulleres na guerrilla antifranquista galega”, xunto ao seu fillo Pablo Ces, director do documental “As silenciadas”, con guión de Aurora Marco e que será proxectado dentro do mesmo acto.

Aurora Marco

Filla de mestra galega, en 1957 a familia trasládase a Galiza onde estudiou Filosofía e Letras (en Santiago de Compostela). Na actualidade ensina Didáctica da Lingua e a Literatura Galega na facultade de CC. da Educación da USC e compaxina o traballo docente coa investigación, facendo un importante labor de estudio e crítica sobre a lingua e a literatura galegas e tamén sobre a muller na literatura e na sociedade.

Aurora defínese como unha traballadora da cultura e, sen dúbida, o seu traballo é unha aportación moi valiosa á cultura galega e á dignificación do papel da muller na sociedade.

Máis información

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios