Máis naves dan vida ao Polígono de Vimianzo


O Concello de Vimianzo vén de outorgar unha licenza para construír unha nave no Parque empresarial. Xa son 8 as naves que van a darlle a un polígono que tardou en arrincar, pero que vai collendo forma.
A empresa soneirá Gerca acaba de recibir a segunda licencia (xa ten case rematada a primeira nace) para unha nave que ocupara máis de 1400 m2 en dúas parcelas agrupadas cunha superficie total de case 2400m2. Unha nova para Vimianzo e para a Costa da Morte que as empresas punteiras da comarca aposten por instalarse no parque.
Vimianzo segue intentando facilitar a instalación de empresas no Parque. Por exemplo, coa recente aprobación por parte do Concello de Vimianzo de reducións do ICIO para empresas que desexen instalarse en Vimianzo.
En todo caso, saben que gran asignatura pendente é a rebaixa dos prezos do solo industrial. “Non pode ser que os parques empresariais propiedade de SEA (Goberno do Estado) teñan os prezos máis elevados que os dependentes de XESTUR (Xunta de Galicia) nin que, nunha zona coma a nosa, con constantes perdas de poboación, non se fomente a instalación de novas empresas”, explica o alcalde, Manuel Antelo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).