Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Máis rebaixas para ocupar o Polígono de Vimianzo

Máis rebaixas para ocupar o Polígono de Vimianzo

Desta volta é o Concello de Vimianzo o que trata de rebaixar os impostos ás empresas para intentar xerar movemento no Parque Empresarial de Vimianzo. Ese polígono que leva 5 anos baleiro, pero xa albisca a construción dunhas pistas de pádel.

O Concello vimiancés reduce o 95% do imposto ICIO ás construcións que se instalen no Polígono e aos agricultores e gandeiros. Así se publicou no BOP do luns 15 de setembro a Ordenanza Fiscal número 16, reguladora do Imposto sobre construcións, instalacións e obras. Nesta nova ordenanza prevense descontos do 40% do imposto para aquelas construcións, instalacións e obras declaradas de especial interese ou utilidade municipal. Esta declaración correspóndelle ao Pleno do Concello previa solicitude dos interesados.

Para as construcións, instalacións ou obras que se instalen no Polígono Industrial de Vimianzo e para as obras realizadas por agricultores/as ou gandeiros/as que queden afectas á actividade e cando a dita actividade supoña, cando menos, o 50% dos seus ingresos brutos, o desconto do imposto elévase até o 95%. Estes descontos supoñen un aforro medio por nave de 15.000 €.

Novas sobre o polígono

Fonte

Comentarios