Venres. 29.03.2024
El tiempo

Máisquemel artella unha xornada de apiturismo polas alvarizas de Vimianzo

maiquemel xornada vimianzo 2022
Máisquemel artella unha xornada de apiturismo polas alvarizas de Vimianzo

O colectivo Máisquemel, adicada ó apiturismo e o patrimonio tradicional apícola da Costa da Morte, artella este sábado 24 de setembro unha ruta turística polas alvarizas de Vimianzo.

Será Carme Toba, apicultora e amante do noso patrimonio, a guía pola Ruta das Alvarizas de Vimianzo, unha ruta circular de 8 km.

Podes informarte aquí e inscribirse enviando un email a [email protected] ou chamando ó 981 589 534 (por teléfono só a partir do 1 de setembro), indicando nome completo, teléfono e email. O prazo remata o 16 de setembro.

Novas relacionadas

Comentarios