Venres. 18.06.2021
El tiempo

Manuel Antelo deixa a súa acta de concelleiro

Manuel Antelo candidato de Adiante Vimianzo
Manuel Antelo nun mitin de Adiante Vimianzo
Manuel Antelo deixa a súa acta de concelleiro

Rematou un ciclo en Vimianzo. O portavoz de Adiante Vimianzo e ex-alcalde, Manuel Antelo, rexistraba onte no concello de Vimianzo a comunicación de renuncia ao seu cargo de concelleiro. “Os cargos institucionais non teñen que ser vitalicios, e a política non é unha profesión, senón un servizo á cidadanía”, di no escrito presentado, entre outras razóns que o levaron a tomar esta decisión.

Son máis de 20 anos de dedicación á política deste mestre, que entrou na Corporación de Vimianzo en 1999 dende o BNG, e resultou elixido alcalde en dúas ocasións, en 2011 e 2015.

Co ánimo de deixar paso, e coa idea de que “a vida é unha sucesión de ciclos que se abren e pechan nas distintas esferas que configuran as actividades das persoas”, asegura que non vai deixar a vida política, “pero dende outros ámbitos, traballando, coma fixo sempre, para que o nacionalismo retorne novamente a gobernar Vimianzo”. “A miña achega política, agora mesmo, ten máis forza dende fóra que dende dentro do concello”, engade.

Considera que estivo 22 anos anos “traballando honesta e honradamente a favor da veciñanza de Vimianzo, transformando positivamente o noso concello en moitas facetas, e converténdoo nun referente en moitas cousas”.

comentarios