Venres. 26.04.2024
El tiempo

Manuel Rivas doou o seu primeiro millar de libros á Biblioteca de Vimianzo

Manuel Rivas doou o seu primeiro millar de libros á Biblioteca de Vimianzo
Manolo Rivas e o alcalde de Vimianzo

Con sombreiro e todo chegou Manuel Rivas á súa casa. Un dos autores máis importantes de Galicia vén de realizar, xunto a Isabel López, unha doazón de valiosísimo legado literario á Biblioteca Municipal do Concello de Vimianzo. A parella doou preto dun millar de libros procedentes da súa biblioteca persoal, de gran valor pola súa calidade e rareza

Rivas apuntou que esta non é máis que unha primeira entrega que no futuro se verá incrementada. Fíxoo durante a actividade que realizou con nenas e nenos durante a cal o escritor lles contou distintas historias.

Manolo Rivas en Vimianzo

Concurso de Ideas

O vindeiro sábado as 13:00 na Casa da Cultura daranse a coñecer os premiados do Concurso de ideas para a execución dunha piscina municipal cuberta.
O xurado, que estivo conformado polos arquitectos J. Luís Méndez Pérez, Fernando Agrasar Quiroga, Alberto Noguerol del Río e Alfredo Díaz Grande, sinalan que os proxectos gañadores cumpren axeitadamente os valores estéticos, se adecuan ao programa proposto, ás relacións co entorno e coas edificacións existentes ademáis amosan unha razoable calidade técnica, de disposicións construtivas e de consumo enerxético.

Fonte

Comentarios