Venres. 06.12.2019
El tiempo

Marcos Rodríguez homenaxea á xente da Costa da Morte a través dunha exposición de fotografía

Marcos Rodríguez homenaxea á xente da Costa da Morte a través dunha exposición de fotografía
A exposicion de Marcos Rodriguez poderase ver entre o 8 e 15 de xullo na casa da cultura de Vimianzo A mostra fotográfica de Marcos Rodríguez poderase ver entre o 8 de xullo e o 30 de agosto na casa da cultura de Vimianzo "Asunción, María e José" será o título da próxima exposición que acollerá do 8 de xullo ao 30de agosto a casa da Cultura de Vimianzo. Trátase dunha exposición de fotografías realizadas polo noso querido Marcos Rodríguez - do que sobra falar de todos os recoñecementos que obtiveron os seus traballos - e na que se pretende facer un percorrido polos costumes e polas historias que esconden as mans de centos de veciñas e veciños da Costa da Morte. A través dunha serie de fotografías, Marcos Rodríguez resume o traballo de nove anos nos que entrou en centos de casas para recoller, a través da súa cámara, a idiosincrasia da xente da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios