Luns. 29.04.2024
El tiempo

María Jesús Pérez Cabirta descobre as súas cores a todo Vimianzo

María Jesús Pérez Cabirta descobre as súas cores a todo Vimianzo
Maria Jesus Perez Cabirta co alcalde de Vimianzo estreando a sua exposicion

A Sala de Exposicións Antón Mouzo abre o ano dando a coñecer outra artista vimiancesa. E non para de loubar a arte da casa o concello vimiancés, rompendo cos tópicos de que "ninguén é profeta na súa terra". O 2014 arrinca pois a Casa da Cultura coa exposición "As cores que nos envolven", a primeira exposición pictórica da vimiancesa Mª Jesús Pérez Cabirta, unha persoa moi coñecida en Vimianzo mais cunha produción pictórica só coñecida polos máis achegados.

Moitos veciños e veciñas, familiares e amigos quixeron acompañar a artista na inauguración e non ficaron indiferentes ante a calidade da súa obra. Moitos anos de afección á pintura que mostran a traxectoria da artista con diferentes etapas e variadas temáticas que se poden apreciar na mostra, todas elas cun eixo común que se aprecia con só entrar na Sala: "a cor".

Gran ambiente na presentacion da exposicion de Maria Jesus Perez Cabirta

Novas da Sala de Exposicións Antón Mouzo

Fonte

Comentarios