Venres. 26.04.2024
El tiempo

E o Mellor Pincho Irmandiño é....

Pinchos irmandiños
E o Mellor Pincho Irmandiño é....

Onte pola tarde, tivo lugar o reconto dos votos emitidos polo público na XIII edición dos Pinchos Irmandiños, este tan singular evento no que o público puido degustar 12 petiscos do 28 de xuño ata o 2 de xullo.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, estiveron presentes na Sala de Vídeo da Casa da Cultura para coñecer as creacións gañadoras. O primeiro premio recaeu na Torrada de Moscoso, da cervexaría Risco, namentres que o mellor decorado resultou o 'Companagium' do restaurante A Lagoa. 

A rexedora quixo felicitar "a todas as persoas que fixeron desta nova edición unha das máis competidas que se lembran, polo esforzo, adicación e sobre todo afán de superación", lembrando que "non é sinxelo, xa que se ten que prescindir de moitísimos ingredientes e hai que reinventarse ano tras ano". 

Comentarios