Venres. 19.04.2024
El tiempo

Montse Vázquez defende o traballo do Departamento de Servizos Sociais de Vimianzo ante as críticas do goberno

Montse Vázquez defende o traballo do Departamento de Servizos Sociais de Vimianzo ante as críticas do goberno

Continúa convulsa a actualidade política vimiancesa. Unha actualidade que pode dar unha volta este mesmo venres, na Cuestión de Confianza presentada polo alcalde para aprobar, ou non, os orzamentos do 2012, e que pode rematar nunha moción de censura.
De feito, fontes achegadas aos partidos aseguran que pode estar en cernes unha ruptura do pacto de goberno entre BNG e PSdG. De feito, a moción de censura necesitaría o acordo en PSdG, IxVim e PP, pero non é para nada descartable.

Hoxe quen remexe se cadra máis a estabilidade municipal é a concelleira do PSOE de Benestar Social, Igualdade e Deportes, Montse Vázquez Miñones. Monste envía un comunicado no que expresa o seu "malestar polos comentarios que se fixeron no Pleno do pasado martes 18 de outubro, por un dos membros do actual goberno e do que eu tamén formo parte". Os concelleiros do BNG cuestionaron o traballo do Departamento ao que a concelleira responde deste xeito:

"Moléstame que se cuestione as horas de traballo porque non é real que traballen 17 horas. Non podemos esquecernos que Vimianzo canta con 14 parroquias e unha diversidade xeográfica moi grande. Son elas cos seus propios vehículos as que se desprazan de parroquia en parroquia aos distintos domicilios, eses desprazamentos tamén forman parte da súa xornada laboral. Moitas veces fóra da súa hora de traballo van ao centro médico para recoller receitas, ao supermercado para realizarlles a compra".

Monste lanza así un recado aos seus "compañeiros de goberno (BNG)", destacando que "as auxiliares de axuda a domicilio teñen un traballo cunhas características especiais e que realizan unhas funcións que para a miña son motivo de admiración e respecto".

Salienta ademais que "o departamento que na actualidade dirixo, é desde fai moitos anos un modelo a seguir por moitos concellos da zona e sempre foi uns dos baluartes do noso municipio" (...) "É un área na que se intenta dar resposta a todos os veciños e veciñas en función da demanda ou da problemática que expoñan. É un departamento que dun xeito ou doutra abarca á maior parte de poboación do noso concello: persoas maiores, persoas con discapacidade, violencia de xénero, persoas inmigrantes, familias destructuradas.... e podería seguir enumerando exemplos e exemplos. Á vista está o funcionamento e a labora que fan".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios