Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os motores do Campionato Galego de Trial farán tremer Vimianzo o vindeiro 5 de maio

Motor VIMIANZO 2024
Os motores do Campionato Galego de Trial farán tremer Vimianzo o vindeiro 5 de maio

O Monte Faro será o escenario ideal para que o Campionato Galego de Trial siga facendo soar os motores nunha nova data que reunirá no municipio vimiancés a centos de afeccionados a este deporte. A proba chega a Vimianzo por primeira vez na historia da man do Moto Club O Petouco, que organiza esta carreira en colaboración coa Federación Galega de Motociclismo e o Concello de Vimianzo.

Petouco Motor Campionato Galego VIMIANZO 2024

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, xunto co concelleiro de Deportes, Sergio Miñones, o técnico municipal desta área, Víctor Santos, e os membros da directiva do club, Jesús María Sampedro, Francisco José Soto, Ana María López e Jesús Manuel Soto, foron os encargados de presentar na xornada de hoxe o cartel da proba.

No acto, presentado por Alba Mancebo, xornalista e presentadora da CRTVG, estivo tamén o delegado da Federación Galega de Motociclismo, Julio Rodríguez.

O circuíto recibirá a competidores de distintas partes de toda Galicia a partir das 9:30 horas do 5 de maio. As rochas, o barro e a auga que se concentran no lugar farán deste espazo o sitio ideal para poñer a proba as capacidades dos deportistas.

Desde a organización agardan que sexan “arredor 40 ou 50 as persoas que se animen a participar, en base aos competidores que hai normalmente nas outras carreiras, o que é un moi bo número para unha proba destas características”.

Trátase dun circuíto pechado ao que os pilotos deberán dar tres voltas en cada unha das categorías establecidas, “desde os máis pequenos e pequenas ata os participantes na categoría absoluta terán por diante desafíos naturais que farán
desta unha proba única”, comentaron desde o club.

Comentarios