Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Música, humor e circo para este Vimiansol

PRESENTACION VIMIANSOL 2
As concelleiras María José Pose e Ana Ramos, a alcaldesa Mónica Rodríguez e a técnica de Cultura Nieves Lema presentando o programa
Música, humor e circo para este Vimiansol

O Concello de Vimianzo presentou a III Edición do Vimiansol,  unha completa programación que toda a familia goce dun completo programa de verán.

O programa comezará o domingo 10 de xullo cos monicreques de A Xanela do Maxín, que representará A Gárgola do Mestre Mateo.
O seguinte espectáculo do programa chegará o sábado 23 de xullo a cargo de Fran Boza, co seu primeiro espectáculo recén estreado (Malabarabilidades), unha demostración a cargo dun portentoso malabarista.
O circo e o abraio continúan o 30 de xullo cunha completa gala protagonizada por varios dos máis destacados artistas de Galicia.

O venres 5 de agosto, o Mago Antón toma o relevo co seu espectáculo A Volta a Galicia en 313 Concellos. Unha xira con camión máxico como espazo escénico.
O sábado 6 de agosto Desastronauts achega á Praza do Concello de Vimianzo o seu espectáculo  “Somos Circo”, que estrearon na prestixiosa Mostra de Cangas a comezos de xullo.

A continuación chegarán á praza do Concello Somos Cirque o 13 de agosto, unha troupe internacional canadiana e francesa que presentan Entre Nous, un espectáculo de acrobacias presente nos mellores festivais europeos.
E o día 20 de agosto os madrileños Kanbahiota presentan Volando Vengo, un espectáculo de acrobacias e portes coreanos que nos achegan unha incrible sensación de risco e emoción. Unha estrutura de 12 metros de longo e 6 metros de altura na que Kanbahiota ofrecerá números dunha dificultade extrema.

O programa remata co humor a música de Píscore. O grupo galego, gañador do premio do público do Festaclown presenta o seu último espectáculo, Concerto Con Fusión, unha mestura de clown, humor e estilos musicais que van dende a música, ao jazz, pasando polo rock e os ritmos latinos.


 

Comentarios