sábado. 17.05.2025
El tiempo

Novos cursos de manipulador de alimentos na Cruz Vermella de Vimianzo

Novos cursos de manipulador de alimentos na Cruz Vermella de Vimianzo

A sede de Cruz Vermella Vimianzo imparte un curso de formación básica en manipulación de alimentos para persoal interesado en buscar un emprego no ámbito da hostalaría, supermercados, como coidador en residencias, gardarías e calquera profesión que requira estar en contacto con algún alimento.

O obxectivo do curso é ofrecerlle uns coñecementos básicos aos asistentes que poidan abrirlle as portas de un emprego.

O curso terá lugar o sábado 3 de marzo, en horario de 10:00 a 13:00. Estudantes, socios e desempregados poderán optar ó 10% de desconto. A data límite para inscribirse é o venres 26 de febreiro.

Para mais información e inscricións, os interesados poden contactar coa sede de Cruz Vermella Vimianzo de maneira presencial, no teléfono 981 71 71 36, mediante o correo electrónico fagara@cruzroja.es ou a través da páxina web www.formacion.cruzvermella.org.

Fonte

  • CV.

Comentarios