Venres. 29.03.2024
El tiempo

Novos obradoiros gastronómico-empresariais en Vimianzo

Novos obradoiros gastronómico-empresariais en Vimianzo
Obradoiros de turismo e gastronomia en Vimianzo

Volve o programa Do Mar a Terra de Vimianzo a achegar fórmulas formadoras. Son 3 actividades as que se van realizar nas vindeiras datas, coa empresa, o turismo e a gastronomía como eixes fundamentais. I é que os fondos europeos destínanse precisamente para iso, para ir diversificando as potencialidade económicas de cada zona, e a nosa tende ao turismo gastronómico.

Así, os días 28 de abril, 5, 12 e 19 de maio toca un “Obradoiro de Creación de Empresas con Recursos do Mar”, impartido por Paula Terreiro e Pablo López, de Implicatum Consultoría, que se dará de 9:30h a 13:30h na Casa da Cultura.

Haberá 3 Obradoiros curtos sobre “Turismo e Gastronomía”, impartindo por Esther Miñones, do Pastoriza. Un o 28 de abril no Restaurante Pastoriza de 17:00h a 20:00h; outro na Asociación Neira Marcos o 5 de maio de 15:00h a 18:00h e outro o 12 de maio na Asociación Castelo, de 17:00h a 20:00h.

E como non, este proxecto mira cara a arqueogastronomía, polo que os hostaleiros terán cita obrigada o 29 de abril no Pastoriza, e os 6 e 14 de maio na Casa da Cultura, co obradoiro que impartirña Jorge Guitián, que hai pouco pasou pola volta para falarnos das herbas da zona, e deixou a máis de un ca boca aberta e salivando.

Un bo xeito de seguir formándose e mellorar a atención.

Información e inscrición

Poden acodir ao Concello de Vimianzo e preguntar por Rosa ou Paula, poden chamar ao Tel. 981 716 001 Ext. 220 e 232 ou enviar un correo a [email protected].

Fonte

Comentarios