luns. 19.05.2025
El tiempo

O alcalde de Vimianzo queda desimputado

O alcalde de Vimianzo queda desimputado
Entroido de Vimianzo 2015 - O alcalde Manuel Antelo ten retranca tamen

Finalmente, parece que só veremos ao Alcalde de Vimianzo desta guisa polo Entroido. Manuel Antelo vía confirmada hoxe a súa desimputación no caso da denuncia presentada polos promotores da moción de censura aquel marzo de 2013. Unha denuncia presentada pola non presentación da Secretaria Municipal aqueles días de tolemia política.

O sobreseimento das dilixencias do Auto do Xulgado de Corcubión exime de culpabilidade algunha ao alcalde vimiancés, desimputa tamén ao Tenente Alcalde, ratificamndo a corrección das actuacións de índole político e sobre todo o labor dos traballadores municipais na tramitación da moción de censura.

“Esta denuncia unicamente supuxo máis tensión, confrontación política e desasosego social xunto cunha mala imaxe para o concello de Vimianzo” di Manuel Antelo, quen considera responsables de “danar a imaxe do concello con falsidade a aqueles, que trizoando a vontade popular, pretenderon derrocar o Alcalde facendo uso do transfuguismo”.

Un Antelo que lle pide ao señor Feijoo “destituír aos representantes do seu partido en Vimianzo que, traizoando a vontade das persoas que os escolleron, pretendían volver ao sistema político de corrupción que supoñía o proxecto dos censores, un grupo que levaba gobernando o concello durante 25 anos”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios