O Asalto ao Castelo volve buscar aos seus heroes cun casting

14:30 29/04/11

Nova trama
"A cabesa non paraaaa!!" Estes mozos da Cherinkas non paran e trala espectacular trama teatral do ano pasado, este ano pretende sorprender cunha idea orixinal baseada nunha antiga lenda: O aforcado Fernando de Xinzo. O detonante este ano do Asalto será o aforcamento público dun inocente campesiño por parte dos nobres feudais que sospeitan da súa colaboración co máximo inimigo do castelo, o Arcebispo de Santiago. Unha historia de traizóns e contradicións do ser humano que fará que o pobo se rebele e se levante en armas. O final, por suposto, será sorprendente.Casting de actores da casa
Como o ano pasado, para a escenificación do ataque ao castelo, a organización pretende involucrar aos veciños da comarca e arredores, como tamén aos turistas e visitantes e repetirá cun novo casting de actores aberto a todo o público. Búscanse os heroes pero tamén os viláns e todos os secundarios (defensores, irmandiños,…) que completan a ambiciosa historia deste ano. Un total de 5 actores principais e moitos extras capaces de levar a Revolta Irmandiña a derrubar a fortaleza dos Moscoso. É por iso que o próximo sábado 21 de maio ás 20:00h tarde se realizará o casting a tódalas persoas que queiran participar deste proxecto.Máis información
Novas relacionadas
- A saga “Perdidous” da Cherinkas chega ao seu final.
- 9 vídeos da orixinal Frikifesta da Cherinkas.
- Contacto: festa@asaltoaocastelo.org
Novas e vídeos do Asalto
- Galería de imaxes do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto ao Castelo 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
- O derradeiro vídeo do XV Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- A "Resistencia Irmandiña do 1467" xa no youtube.