Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Asalto rexistrou o maior éxito de público da súa historia

O Asalto rexistrou o maior éxito de público da súa historia
Cos Fachos a tomar o Asalto ao Castelo de Vimianzo 2017-Foto-Ursula Prego Este foi un gran Asalto ao Castelo de Vimianzo-Foto-Ursula Prego Batíu marcas o Asalto ao Castelo de Vimianzo deste 2017. A organización, da man da A.X. Cherinkas, a Axvalso coa colaboración do Concello, notou un aumento notable de público, unha vez que o palco meteuse varios metros máis atrás e a praza dos concertos estivo ateigada toda a noite. A cousa prometía. Bandas como Muchachito Bombo Infierno e, sobre todo, os Herdeiros da Crus, mobilizaron xente de todas partes de Galicia. Pero o que realmente desta festa é a representación histórica. Unha representación que este ano estivo dirixida polo figura de Míchel Antelo e que fixo varios guiños á Frikifesta vimiancesa. Un xeito de sorprender a aqueles que veñen a Vimianzo esperando unha representación ao uso e se atopan con superheroes irmandiños armando lío! Xa pola tarde o Asaltiño e a Feira de Artesanía encheron a praza do Concello, e sobre todo os Pinchos Irmandiños, que seguen sendo unha auténtica referencia, impediron que Xabier Díaz enchese o campo da festa. Aínda así a chamada da música galega foi importante e a xente gozou cun espectáculo xa internacional: https://www.facebook.com/xabierdiazmusic/videos/1696336087043176/

550 anos de Guerra Irmandiña

Juan Rama e Andrea de Camelle na representacion do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2017-Foto-Ursula Prego Juan Rama e Andrea de Camelle na representacion do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2017-Foto-Ursula Prego Era o tempo da representación. Este ano cadraba estupendamente a data do 550 aniversario da Gran Revolta Irmandiña, e co toque máis desenfadado e musiqueiro de Míchel a obra foi moi ben acollida. Por unha banda estaba a familia dos malos, os “lobos” que eran rubios, con Guille, un rapaz de 13 anos, o “malomalísimo”, ata o punto de comezaba matando ao seu pai. Pola outra, como non Alba Mancebo, a eterna salvadora irmandiña que se disfrazou de superheorína en clave friki, coa H de Huqsvarna, e a MZ de Mazaricos. Destacaron tamén o papel de Andrea de Camelle e do sempre disposto Juan Rama, ademais dun fantástico monstro de dous corpos creado por dúas rapazas de Baíñas. A obra comezaba no campo da festa, pero xa había xente empezando no Foxo, quedando ao final xente sen poder entrar. Soaron os tambores, prenderon os fachos, e os irmadiños dirixíronse camiño do Castelo. Foi unha batalla desigual, pois cando os defensores, nunha das tramas comezaron a tirar leitugas ao público, estes entenderon que comezara a batalla dos globos de auga, quedando sen munición para a verdaidera loita. Foi finalmente unha expedición comandada polo teniente alcalde Fernando Mancebo e o propio cantante dos Herdeiros Javi Maneiro, a encargada de botar a porta do Castelo abaixo co ariete. Festaaaa!!! Representacion do Fachos no Asalto ao Castelo de Vimianzo 2017-Foto-Ursula Prego Representacion do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2017-Foto-Ursula Prego Fachos no Asalto ao Castelo de Vimianzo 2017-Foto-Ursula Prego Prendendo os Fachos para o Asalto ao Castelo de Vimianzo 2017-Foto-Ursula Prego Defensores no Asalto ao Castelo de Vimianzo 2017-Foto-Ursula Prego Defensores no Asalto ao Castelo de Vimianzo 2017-Foto-Ursula Prego Heroes do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2017-Foto-Ursula Prego Os heroes do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2017-Foto-Ursula Prego

Longa noite de churras

https://www.facebook.com/asaltoaocastelo/videos/1773634315984151/ Había moita expecctación por escoitar a Muchachito Bombo Inferno e a xente quedou encantada. Non houbo ningún problema co son, e sabendo que a espera entre banda e banda ía ser longa, os Festicultores animáronse a subir á carraca no medio do campo da festa e armar un pouco de troula. Mágoa que non todos os que estiveron esperando se decatasen de que tiñan música en directo tan tremendamente divertida como a dos ourensáns. Mereceu a pena esperar en todo caso. A presecia dos Herdeiros da Crus permitiron que fose a noite máis longa dende que hai asalto, no comezo dunha nova xira. https://www.facebook.com/asaltoaocastelo/videos/1773790219301894/ O aumento de público notouse tamén na maior presencia de tendas de campaña nunha zona algo máis acondicionada baixo unhas acacias. Quedamos pois pendentes da vindeira revolta!  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios