Sábado. 21.09.2024
El tiempo

O BNG de Vimianzo di que o goberno municipal se esqueceu de Baíñas

O BNG de Vimianzo di que o goberno municipal se esqueceu de Baíñas
O BNG de Vimianzo asegura que "o goberno municipal se esqueceu de Baíñas en todo este tempo". Nese sentido denuncian que "aí seguen os problemas de saneamento, a falta dunha praza para os eventos sociais, os problemas da vía Baíñas-Baio, o abandono dos lugares, a falta de proxectos para situar a Baíñas liderando o seu contorno…". A concelleira nacionalista de Baíñas, María Xosé Ramos, lembra que "foi o BNG quen reclamou, moitas veces, a necesidade de adquirir uns terreos e facer unha gran praza e un centro sociocultural para Baíñas". “O Sr. Rodríguez Blanco acude á mentira para tratar de tapar a súa mala xestión no asunto do terreo adquirido e do centro sociocultural”, di a concelleira; “sabe moi ben que os nacionalistas non faltamos a ningunha reunión para tratar de adquirir os terreos para o centro sociocultural”, engade María Xosé. O BNG insiste en que "a iniciativa municipal quédase corta, pois os terreos non chegan para facer unha praza. Ademais, a obra prevista do centro sociocultural está incompleta, como recoñeceu o goberno municipal en pleno". Non se pode “deixar a medias” o proxecto do centro sociocultural, afirman. “A xente de Baíñas ten claro que cando goberne o BNG, a partir de maio, adquiriremos os terreos para facer unha praza para as festas, as feiras e os eventos populares”, di María Xosé; “e tamén, que remataremos a obra incompleta do centro sociocultural, con actividades diversas para os veciños e veciñas da parroquia”, engade a concelleira.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Vimianzo.

Comentarios