domingo. 08.06.2025
El tiempo

O BNG vimiancés critica a falta de compromiso da oposición

O BNG vimiancés critica a falta de compromiso da oposición

A pasada semana aprobábanse obras do plan financiado pola Deputación DTC. Unhas obras que presentaba o grupo de goberno pero que necesitaron do voto dun edil do PP, José Manuel Pérez Trillo, para a súa aprobación, que suporán un investimento de 300.000€.

Hoxe é o BNG vimiancés o que quere manifestar o seu "rexeitamento á actitude da maior parte dos membros da oposición municipal, que consideramos irresponsable, irrespectuosa co electorado e indigna dos cargos de representacion que ostentan". Entenden dende o grupo de goberno que "veñen demostrando que o seu obxectivo non é Vimianzo nin o interese xeral, senón quen sabe qué outros escuros pactos e intereses". "Oito dos nove membors da oposición preferiron votar en contra, é dicir: preferiron que Vimianzo perdese esa inversión antes que apoiar o plan do goberno local", denuncian.

"IxV, PSOE e algún outro xa non se molestan en simular que forman parte de grupos distintos senón que, nun curioso e pouco frecuente exercicio de sinceridade, xa se presentan como un só grupo, insistindo en que teñen a maioría no Concello. Non é certo: ningún grupo ten máis de tres concelleiros agás o BNG, que ten catro", denuncian.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Consello local do BNG de Vimianzo.

Comentarios