O BNG volve pedir no Parlamento axudas e rebaixa das parcelas do Polígono de Vimianzo


O BNG volve levar ao Parlamento a parálise do Polígono Empresarial de Vimianzo. Carlos Aymerich preguntou por cales foron as consecuencias dos acordos asinados en novembro de 2009, aprobados por uninimidade no Parlamento, para axilizar a instalación de empresas no polígono.
Ademais se o Plan Revive da Costa da Morte prantexa algunha solución ao problema, ou se a empresa semipública SEA ten previsto ceder os terreos ao Concello para que sexa este o que execute novas medidas de promoción económica.
Así, o O BNG propón ao Parlamento unha Proposición Non de Lei para que inste á Xunta a promover, a través de axudas directas e da rebaixa do prezo das parcelas, a instalación de empresas nos polígonos industriais da Costa da Morte, en particular no de Vimianzo.
Novas relacionadas
- Os empresarios piden información sobre a situación legal do parque empresarial de Vimianzo.
- O Concerllo podería adquirir os terreos do Parque empresarial a pesar da negativa da oposición.
Máis novas
- Entrevista a José Antonio Miñones, candidato do PSOE de Vimianzo.
- Entrevista con Carmen Borbujo, candidata do PP de Vimianzo.
- Entrevista con Manuel Antelo, candidato do BNG á alcaldía de Vimianzo.
Fonte
- Nota de prensa do BNG.