venres. 06.12.2024
El tiempo

O Castelo de Vimianzo acolle unha exposición de vestimentas de liño

O Castelo de Vimianzo acolle unha exposición de vestimentas de liño
exposicion-lino-castelo-vimianzo A exposición, da asociación Amigos do Liño, pode visitarse ata o 15 de agosto A artesanía ocupa un importante lugar dentro da axenda de actividades culturais impulsada polo departamento de turismo e patrimonio de Vimianzo para este verán. Así como resultado da pescuda histórica sobre as vestimentas e roupaxes de principios do século XX, o Castelo acolle unha mostra que recolle dende complementos do fogar como sabas ou manteis ata traxes de época ou elaborados vestidos de noiva. Baixo o título “Moda de Liño. Colección 1900” esta motra achega ao observador a principios do século XX a través da ambientación dos tecidos confeccionados co liño e as técnicas tradicionais. A mostra pódese visitar na Cociña do Castelo até o 15 de agosto. A asociación Amigos do Liño foi a encargada de poñela en marcha. Fonte   

Comentarios