Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo despiden o programa de verán cunha fin de semana cargada de actividades

O Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo despiden o programa de verán cunha fin de semana cargada de actividades
Dous dos referentes turísticos da comarca de Soneira - Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo - pechan esta fin de semana o seu programa de actividades de verán con diversas citas que lles axudou, en ambos casos, a bater o récord de visitantes. Torres do Allo Nas Torres do Allo as citas comezan hoxe, ás 20:30 horas, coa cuarta e última actuación do artista armenio Kamo Petrosian acompañado do seu violín, co que interpreta coñecidas obras de música clásica para goce e deleite de todos os asistentes. Xa o domingo - tamén ás 20:30 horas - o compositor galego Xoán Curiel xunto con Iris Gey, filóloga e cantante, ofrecerán un concerto adicado ás cantigas de Martín Códax e a outras poesías musicadas de autores galegos clásicos e contemporáneos. Ademais, este domingo rematan as visitas guiadas teatralizadas que realizaron durante os meses de xullo e agosto os membros da compañía Os Quinquilláns. A cita será ás 19:30 horas. O resto dos días, o concello de Zas - encargado da xestión de visitantes das Torres de Allo, segue ofrecendo un servizo gratuito de visitas guiadas ás 13 e ás 17 horas. Castelo de Vimianzo Vimianzo tamén vai despedido o seu programa estival "Vimianzo. Historia Viva", posto en marcha polo departamento de Cultura do goberno vimiancés. As actividades da fin de semana arrancan mañá sábado, ás 11:30 horas. O Castelo é o punto de saída para unha ruta polo "Megalitismo somerxido". Neste paseo pola ribeira do gran lago do Encoro da Fervenza os participantes verán as pegadas de mámoas e antas que quedaron baixo as augas. É a primeira vez que se organiza unha ruta por esta gran necrópole megalítica, sendo polo tanto unha oportunidade única para poder ver e comprender estes monumentos que volverán ser inundados cando suba o nivel do encoro. Durante o percorrido de 5 quilómetros veranse até sete mámoas, sendo unha delas a ben conservada anta da Pedra da Arca, un dos dolmens máis destacados de Galicia. Custa 3 euros, gratis para menores de 16 anos. Quedan xa poucas prazas disponibles, polo que se recomenda rapidez na inscrición, que se pode realizar a través do teléfono 981 716 001 (ext 1235) ou no correo electrónico [email protected]. Xa na tarde dde mañá, o patio do Castelo acolle un obradoiro no que os visitantes poderán modelar coas súas propias mans o barro cos oleiros de Buño. Olería Cambón será a encargada de guiar aos aprendices de oleiro nunha actividade libre e gratuíta a partir das 17 horas. A Olería é tamén protagonista na exposición na cociña do castelo: Innovación e vangarda na Olería de Buño. Os obradoiros Cambón e Lista mostran as súas pezas máis novas, creadas sobre o saber dunha tradición milenaria. Pódese ver até o 31 de agosto. O sábado pola mañá a actividade centrarase na ruta megalítica, polo que non haberá visita guiada aos batáns ás 13 horas. Si haberá no castelo ás 12 e ás 19 horas, e nos batáns ás 18 horas. Xa o domingo mantense o horario habitual. Haberá visitas guiadas no castelo ás 12 e 19 horas e as do conxunto etnográfico do Mosquetín ás 13 e 18 horas. Este domingo despídense as visitas teatralizadas no castelo dos Quinquilláns, coas últimas funcións ás 13 e 17 horas.   Novas relacionadas Torres do Allo Novas relacionadas "Vimianzo. Historia Viva" Fonte

Comentarios