![suministro-auga-municipal-vimianzo]()
O actual goberno aprobou no seu momento un Regulamento do Servizo da auga potable para regularazar a xestión da auga municipal
O uso indebido da auga municipal e sen autorización son os motivos polos cales o concello de Vimianzo vén de abrir dous expedientes sancionadores. Un dos casos refírese ao uso da auga municipal sen autorización e cun abundante consumo durante o
mes de agosto, en plena época de seca, no
lugar de Calo. A auga municipal usouse durante varios días para un evento no que participaron preto de 150 persoas.
Segundo indican dende o goberno municipal, este feito supuxo o
valeirado total do depósito de Calo e a falta do subministro de auga potable en varias casa deste lugar durante dous días. O alcalde considera que este tipo de actuacións "non se poden permitir "polo que significa o roubo da auga pública e o prexuízo que se lle causa á veciñanza, máis cando se está nun periodo de seca con prealerta para o consumo de auga municipal".
Acometida ilegal
O outro caso trátase dun enganche directo á rede de abastecemento municipal
nunha casa do lugar de Somonte, sen autorización e sen contador.
Dende o concello de Vimianzo manifestan que levan feito "un grande esforzo para regularizar a xestión da auga así como para eliminar as acometidas ilegais que se atopou o goberno municipal cando tomou posesión no ano 2011". Froito desta xestión aprobouse un Regulamento do Servizo de auga potable que todas as aveciñas e veciños teñen que cumprir.
Dende o concello vaise aplicar este regulamento con todo o rigor para as evitar fraudes e roubos de auga que se viñan producindo neste servizo. O Regulamento prevé
sancións de entre 750 e 3000€ así como o corte definitivo de calquera enganche ilegal.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo