O concello de Vimianzo anuncia medidas legais polo sorteo dunha "subida cunha chica" nun bar-club da vila
19:37 23/10/17
O mundo dos sorteos parece non ter límites. A nova "ocurrencia" sae dun bar-club ubicado en Vimianzo que ofrece como premio "unha subida cunha chica". Para entrar no sorteo, chega con consumir un cubata no propio local en determinados días da semana. A "orixinalidade" do sorteo corriu sen control nos últimos días a través da aplicación do Whatsapp entre os veciños da comarca. Unha auténtica "mostra de desprezo á muller e de fomento do machismo" tal e como sinala o concello de Vimianzo quen sr enterou deste peculiar sorteo de xeito oficioso. Ademais de reixeitar por completo actividades que "promocionen o proxenetismo e calquera forma de coacción encamiñada ao exercicio da prostitución", o goberno municipal vimiancés vén de anunciar que emprenderá accións legais contra este feito.
Nunha nota de prensa emitida esta mañá dende o concello de Vimianzo demostran a tolerancia cero con este tipo de feitos. Así afirman que "non sbase poden permitir este feitos nunha sociedade na que a desigualdade xenera vítimas mortais como efecto da violencia machista. Máis aló de abrir un debate sobre o exercicio da prostitución como actividade, non podemos permanecer impasibles diante destes feitos. Na actualidade a lexislación que se ocupa especificamente do exercicio da prostitución é moi concisa. No Código Penal os artigos 187 e 188 refírense ao exercicio da prostitución baixo coaccións, é dicir o proxenetismo. O concello de Vimianzo vai actuar, con contundencia, en tres vías para garantir que non se vulneren os dereitos das mulleres que decidan exercer a prostitución e, sobre todo, que non sexan coaccionadas para facelo. Por unha banda sométense a unha inspección municipal os locais nos que haxa sospeitas de que se exerce a prostitución, e nomedamente o local que promove o sorteo, para verificar se se axustan á legalidade de competencia municipal. Por outra banda déronselle instrucións ao persoal do Servizo de Benestar do concello de Vimianzo para que desenvolva unha asistencia ás mulleres que exerzan a prostitución neses locais. E por último, trasladáronselle estes feitos ás autoridades competentes, concretamente ás forzas de seguridade e á Fiscalía, para que teñan coñecemento dos mesmos".
"Mulleres a prezo de cubata"
A organización feminista Buserana tampouco é indiferente ante este feito e exise medidas. "Unha muller non é unha lotaría, non é propiedade de ningún home que teña un número premiado. Somos libres", sentencian as Buseranas. Dende a organización inciden no interminable camiño de educar ás novas xeracións en igualdade e a implicación de toda a sociedade en denunciar todo tipo de machismo. "As circunstancias persoais de cada unha non poden ser obxecto de trato denigrante, de abuso e de cosificación por parte do rampante machismo ao que nunca se da combatido suficientemente. Esa falla de sensibilidade por parte de empresarios e clientes só indica todo o traballo que queda por facer" indican dende a organización feminista Buserana.
Tamén se une a este rexeitamento o equipo de redacción que forma Que Pasa na Costa. ¡Basta xa de machismo e de violencia contra as mulleres!.
Novas relacionadas
- 03-07-17: O Concello de Cee, o primeiro en aprobar por unanimidade a moción contra a violencia de xénero da Buserana
- 16-06-17: Buserana propón aos Concellos da bisbarra asinar un Pacto contra a Violencia de Xénero.
- A Buserana volve esixir medidas urxentes para saír da violencia de xénero.
- “Da violencia de xénero podemos saír, queremos saír”.
- A Buserana condenan o suposto parricidio de Oza-Cesuras
- A Buserana critica a publicación do artigo “Víctimas de su sexismo”
- A Buserana lamenta os últimos tres asasinatos machistas
- #25N: Erradicando a violencia de xénero.
- A fisterrá Lucía Costa fai unha rapsodia fotográfica á muller.
- #25N: Os estudantes súmanse á loita contra a violencia de xénero.
- #25N: A Buserana volve saír á rúa contra a violencia de xénero
- #25N: A loita contra a violencia de xénero dende os escaparates.
- Máis de cen establecementos de Zas tinguiranse de negro para loitar contra a violencia machista
- Carballo e Zas súmanse á campaña “En negro contra a violencia”
- /a-buserana-rexeita-as-ofertas-de-emprego-sexistas/.
- O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte.
- O Día da Muller, esa data que non debería existir
- I Gala Solidaria do Día da Muller: Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- A Costa da Morte segue tecendo redes pola igualdade real da Muller.
- Un percorrido pola historia, dende Muxía, en clave feminina.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Buserana pide un Rincón Violeta na nova Biblioteca de Cee.
- 25-11-16: #25N: Malpica plántalle cara á violencia de xénero cun lipdub
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Vimianzo
- Buseranas