O concello de Vimianzo insta aos veciños a limpar as fincas forestais
07:29 18/11/15
Incendio en Berdoias o pasado mes de xuño
Como medida de prevención dos incendios forestais, o concello de Vimianzo acaba de publicar a través dun bando municipal no que insta ás propietarios de fincas forestais colindantes con núcleos rurais ou incluídas dentro destes a limpar as súas propiedades antes do 30 de xuño de 2016 en base ó cumprimento da lei 3/2007.
Segundo indica Manuel Antelo neste bando, "o concello levará a cabo mas medidas correspondentes de forma subsidiaria no caso de que os propietarios non cumpran co establecido".
Tal e como afirman neste documento, a prevención de incendios a través da limpeza das fincas dentro e a carón dos núcleos é unha medida para evitar os danos ás vivendas e ás persoas. Esta medida tómase despois de que o pasado verán tiveran lugar en distintos puntos do termo municipal de Vimianzo varios incendios forestais.
Bonificacións IBI
Por outra parte, o concello vimiancés emitiu outro bando no que se informa sobre as bonificacións do Imposto de Bens Inmobles (a chamada Contribución) do exercicio 2016.
As familias numerosas obterán unha bonificación do 40% na cota íntegra do imposto para os bens de natureza urbana. Tamén se beneficiarán, cun 95% de bonificación, os inmobles dedicados total e exclusivamente a actividades agrarias ou gandeiras pertencentes ao sector primario.
Os beneficiarios deben solicitar dita bonificación todos os anos e, para que se faga efectiva no vindeiro exercicio, teñen ata o 31 de decembro de 2015 para presentar a documentación requerida.
Incendios forestais 2015
- 16-07-15: Coristanco tamén rexistrou un forte incendio que afectou a 23 hectáreas
- 15-07-15: Un novo incendio arrasou case 10 hectáreas en Coucieiro.
- 14-07-15: Extinguido o incendio que arrasou con 42 hectáreas en Berdoias.
- 19-06-15: Un novo incendio provocado arrasa o monte de Serres.
- 16-06-15: Un incendio en Vimianzo calcina parte dunha explotación gandeira.
- 09-06-15: Gures estrea a tempada de incendios.
- Redacción QPC
- Concello de Vimianzo