Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo organiza unha nova reunión cos propietarios das fincas con monumentos megalíticos

O concello de Vimianzo organiza unha nova reunión cos propietarios das fincas con monumentos megalíticos
pedra_moura O goberno vimiancés quere informar aos donos das fincas acerca dos seus usos O concello de Vimianzo convoca para hoxe, ás 20 horas, unha nova reunión cos propietarios de varias fincas do municipio que conteñen monumentos megalíticos ou que están na súa zona de protección. Nesta ocasión, o encargado de falar e contestar as preguntas será Ignacio Vilaseco, arqueólogo da Xunta de Galicia. A de hoxe é unha boa oportunidade para coñecer ben a nova Lei do Patrimonio, aprobada o ano pasado, e a normativa e medidas legais. A Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia establece as diferentes medidas para protexer bens deste tipo ademais das correspondentes sancións no caso de realizar algunha acción que destrúa ou altere este monumento arqueolóxico. Tamén poderá saber se se pode ou non realizar plantacións, a que distancia, que outros usos pode ter a finca, entre outras cuestións. Esta nova xuntanza - na primeira participaron medio centos de propietarios - enmárcase na intención do goberno do concello de Vimianzo de colaborar cos propietarios e propietarias de fincas que teñan monumentos megalíticos informándoos acerca dos usos que lles poden dar aos terreos e acerca da tramitación de permisos que hai que solicitar para realizar cortas, plantacións, etc. Para o alcalde - Manuel Antelo - o feito de que as propietarias e propietarios dos monumentos coñezan, comprendan e valoren o que teñen nas súas fincas é fundamental para contribuír á preservación, coidado e posta en valor dos dólmenes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios