O Concello de Vimianzo queda provisionalmente sen interventora e secretaria


Queda o Concello de Vimianzo provisionalmente sen dúas pezas fundamentais en calquera estamento público. A secretaria e a interventora xa nos pasaron hoxe polo Concello logo de que o alcalde Alejandro Rodríguez non renovase o seu informe de continuación.
O Concello vimiancés atópase pendente do pago do crédito da Casa da Cultura. E a falta destes dous postos é fundamental para a trasparencia nun concello en tanto que son as únicas figuras que poden fiscalizar a labor do Concello.
Con todo, o alcalde asegurou que hoxe mesmo viaxaría a Santigo para solicitar, en persoa, novos funcionarios.
Críticas dende o BNG
O primeiro que manifesta a súa disconformidade coa decisión é o BNG vimiancés. Antelo asegura que "Detrás deles están os apuros por cobrar o sobrecuste da Casa de Cultura". Así, indica que "Os ceses da Secretaria e da Interventora do concello de Vimianzo responden ao interese do alcalde por facer efectivo canto antes o cobro da factura de sobrecuste das obras da Casa de Cultura por parte da empresa do seu irmán".
Sinala que "con esta decisión, o alcalde pon en precario os servizos de asesoramento xurídico e económico da corporación". Ademais, o BNG ten palabras para o PSOE "por avalar estas decisións dende o goberno municipal, e funcionar como “criados” do alcalde".
“Podendo irse como un señor, Alejandro escolle largarse como un marrulleiro pola porta falsa”, sentencia o voceiro do BNG.
Novas relacionadas
- A política segue o seu rumbo en Vimianzo con novas candidaturas e novidades na Casa da Cultura.
- O BNG vimiancés denuncia que o Concello é cómplice no caso da Casa da Cultura:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- La Voz de Galicia.