Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo resolve o expediente disciplinario incoado ao arquitecto municipal

O concello de Vimianzo resolve o expediente disciplinario incoado ao arquitecto municipal
Unha vez máis, o concello de Vimianzo volve a citarse coa Xustiza. Desta ocasión, a entidade local acaba de resolver o expediente disciplinario aberto ao arquitecto municipal logo de que a Instrución formulara unha proposta de resolución. Segundo explican dende o concello vimiancés "quedou demostrado que é autor e responsábel dunha falta moi grave de incumprimento da normativa de incompatibilidades, impoñéndoselle unha sanción de 4 anos de suspensión de funcións que comezará a executarse a partir do día 29 de xaneiro de 2016". A proba principal son os informes do GOAG ao respecto dos traballos profesionais privados que realizou mentras era funcionario con dedicación exclusiva do máximo nivel (30) do concello de Vimianzo. Segundo explican dende a corporación local, estes traballos realizáronse sen solicitar nin obter a compatibilidade do Pleno da Corporación, polo tanto "de maneira irregular" e infrinxindo claramente a normatyiva ao respecto, un feito contrastado que non foi capaz de refutar a pesar das axudas do antrerior alcalde mediante un escrito nulo co que pretendía darlle cobertura. Tamén intentou implicar aos seus compañeiros afiliados coma el no CSIF, incluído o representante dos funcionarios e Xefe da Policía Local. O arquitecto municipal, durante o periodo de instrución, presentou unha denuncia no xulgado contra a secretaria e contra o alcalde intentando, presuntamente, coaccionar a labor da instrución. Este foi un expediente complicado de instruír debido á cantidade de intentos de paralización, ralentización e obstaculización do mesmo, levados a cabo polo arquitecto e os seus representantes legais. A instrución dun expediente displinario é un procedemento regulado e garantista, sendo moi importantes os aspectos formais e o cumprimento dos prazos do mesmo. A instrución do mesmo é levada a cabo por un funcionario de xeito obxectivo, e está suxeito ás responsabilidades, mesmo penais, nas que pode derivar. "Non é, polo tanto, unha iniciativa política nin caprichosa, de feito foron múltiples as ocasións nas que o arquitecto tivo oportunidade de presentar alegacións e mesmo de declarar, caso, este último, que rexeitou" explican dende o concello de Vimianzo. Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, valora moi positivamente a resolución deste expediente que contribúe a erradicar as corrupcións que había no concello de Vimianzo. Agarda que por parte do resto da corporación, así como dos sindicatos, se busquen posicións ao lado do interese público e da legalidade, pechando filas co procedemento instrutor seguido polo funcionariado encargado da instrución. Novas relacionadas Fonte

Comentarios