Martes. 30.04.2024
El tiempo

O Plan Inmigra insire laboralmente a máis do 10% dos seus alumnos

O Plan Inmigra insire laboralmente a máis do 10% dos seus alumnos

Continúa en marcha o Plan Inmigra do Concello de Vimianzo. Este programa pretendía proporcionar aos inmigrantes desempregados da zona da Costa da Morte que formaban parte del, unha combinación de accións de información, orientación e formación cuxa finalidade última era a inserción laboral dos usuarios.

E foron varios os cursos nos que participaron os alumnos. E tras facer unha avaliación obxectiva do programa dende Vimianzo conclúen que máis dun 10% dos participantes foron inxeridos no mercado de traballo, e que directa ou indirectamente influíu algunha das accións deste Programa de inserción.

Curso de castelán

Principalmente considerouse oportuno a realización dun curso de español, esencial para moitos dos usuarios que valoraron positivamente a experiencia e que foi de grande utilidade.

Curso de manipulador de alimentos

Na orde destas accións observouse que unha grande parte dos participantes tiñan expectativas de emprego no sector da alimentación/restauración por conseguinte a necesidade principal destes derivou no curso de manipulador de alimentos que permitiría a obtención do carné correspondente.

Curso de cociña

En liña con esta actividade organizouse o Curso de Cociña, esta tivo un gran éxito de participación, e como obxectivo transversal do curso acadouse unha integración intercultural consecuencia da cal os alumnos puideron degustar pratos típicos doutros países como Arxelia, Senegal, Corea, Rumanía, Portugal, entre outros.

Tarxeta da construción

A aula permanente para a obtención da Tarxeta Profesional da Construcción, estivo destinada a aquelas persoas desempregadas que traballaran nun período anterior de 3 anos á realización do curso no sector da construción ou que tiveran como obxectivo traballar nun futuro neste sector. A súa importancia reside na posible obrigatoriedade de posuír esta tarxeta para traballar no sector da construcción a partir do 31 de decembro de 2011.

Curso de prevención de Riscos Laborais

Dentro dunha variedade máis ampla de sectores de traballo ofertouse tamén un curso básico de Prevención de Riscos Laborais, que serve para todos os usuarios sexa cal sexa o sector onde traballa. Debido á natureza desta acción a participación foi tamén un éxito.

Orientación laboral

A orientación laboral, como xa se mencionou, eixo fundamental dentro do Programa estaría combinada como acción formativa e como función das Titoras de Inserción e Formación, encargadas de organizar as accións do programa, coordinadas pola da Xefa do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local, co asesoramento da Técnica Informática en materia de Novas Tecnoloxías e da Profesorada de Habilidades en temas de formación de adultos para a obtención do graduado escolar.

Visitas

A última das accións foi unha visita polos puntos de interese para desempregados da zona, a idea desta acción era informar aos usuarios dos recursos dos que dispoñen tales como a Oficina de Emprego, a Axencia Tributaria, o Hospital Comarcal, o Centro de Información ás mulleres; os Xulgados, Rexistro Civil, Rexistro da propiedade, a Tesourería da Seguridade Social e a Axencia comarcal agraria. A visita distribuíuse en dúas localidades cercanas ao Concello: Cee e Corcubión. Facendo un inciso máis cultural pero á mesma vez permitindo indagar aos usuarios na evolución vivida na sociedade galega desde o punto de vista da institución educativa, visitouse o Museo Fundación Fernando Blanco de Lema en Cee.

Asistentes ao Curso de Cociña e explicación do prato de Senegal (á esquerda); prato típico de Rumanía e de Arxelia (á dereita de arriba abaixo)

O Plan Inmigra é unha acción desenvolvida polo Servizo de Emprego do Concello de Vimianzo, subvencionada polo Fondo Social Europeo, cuxas competencias recaen na Consellería de Traballo e benestar, exercidas a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Más información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios