O roteiro turístico polo Val de Vimianzo colle forma
Segue o roteiro polo Val de Vimianzo collendo forma. Agora, coa axuda dos 45.000€ da Deputación, desenvolverase o proxecto completo co obxectivo de poñer en valor o seu patrimonio etnográfico, cultural e natural.
Esta actuación supón a conexión dos principais puntos de intereses turístico do entorno mediante unha ruta a pé e que poderá empezar e rematar en calquera dos lugares de paso da mesma. Para iso instalaranse seis paneis informativos sobre o traxecto no entorno do castelo de Vimianzo, no pazo de Traseriz, na casa da cultura, no río Cambeda, no muíño do Agra e no castro das Barreiras.
Ademais, se lle dará difusión ao roteiro a través dunha nova páxina web.
O proxecto inclúe as obras de urbanización, e a pavimentación do paseo fluvial para incorporalo á rede de camiños e espazos públicos do núcleo de Vimianzo. Está previsto instalar tamén unha varanda ao longo do río e ata a rúa Vilar.
Ruta cultural urbana
Este sábado, como son as festas do verán en Vimianzo, poderán aproveitar e para unha volta pola vila. Haberá visita guiada gratuíta para coñecer os principais monumentos do lugar: Pazo de Trasariz, Pazo de Trasouteiro e capela, castro das Barreiras, Cambeda (hórreo e igrexa) ou o muíño da Agra, recentemente restaurado. Todo isto, entre outros lugares que gardan pequenas historias da vila.A visita sae ás 19:00 da tarde do castelo de Vimianzo, e desde aí irase paseando por todos os puntos. A ruta completa dura unhas dúas horas e media, aproximadamente. É unha moi boa oportunidade para vivir o ambiente festivo mentres se aprende e coñece a historia do lugar a través dos seus segredos arquitectónicos que pasan desapercibidos baixo a sombra do castelo, como monumento principal.
Para apuntarse recoméndase escribir con antelación a [email protected]. Tamén se pode chamar ao teléfono do castelo 981 716 354. Ou directamente no propio castelo, no punto de información. Chega con apuntar NOME e APELIDOS e TELÉFONO. De todos os xeitos, damos todas as facilidades, podéndose apuntar incluso no mesmo momento da saída. Non hai límite de prazo.
A ruta guiada é desta vez TOTALMENTE GRATUÍTA. Polo que non hai escusa para non participar!
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Vimianzo.