O TSXG ordena repetir un concurso-oposición no Concello de Vimianzo

17:59 09/11/10

Oposición ou concurso oposición?
É aí a cuestión. Se ben a xustiza permitía ata o de agora a contratación mediante un concurso-oposición para unha praza na administración local, o TSXG vén de fallar que o sistema selectivo ordinario para entrar debe ser a clásica oposición . Con todo, a meirande parte dos concellos, ben por aforro burocrático ou por convenencia, utilizan unha e outra vez o sistema menos transparente. Pero é nese limbo que permite ás administracións locais convocar un concurso-oposición cando os concellos comenten certas irregularidades dentro do marco legal. A falta de protocolo, a elección do Tribunal por parte do alcalde correspondente, normalmente tirando dos seus achegados e expertos en formar parte do Tribunal de selección, elección por parte do propio Tribunal dos temas dos exames, probas a porta pechada sen lectura pública... son varias as vías polas un concello pode dirixir unha contratación. Precisamente un veciño da localidade vimiancesa, enviounos unha denuncia anónima, na que asegura que o proceso de selección dunhas das prazas de técnico do concello, que está en marcha, "ten nome propio dende antes de comezar".Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal).
- La Opinión: El TSXG falla que los funcionarios deben entrar por oposición en los concellos.
- La Opinión: El Superior obliga a Vimianzo a repetir una prueba de selección.