Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Valedor do Pobo arquiva a denuncia dos concelleiros opositores contra o alcalde de Vimianzo

O Valedor do Pobo arquiva a denuncia dos concelleiros opositores contra o alcalde de Vimianzo
O Valedor do Pobo cumpre 30 anos

O Valedor do Pobo rexeitou finalmente as queixas presentadas polos sete concelleiros da oposición de Vimianzo promotores da fallida moción de censura, logo de que o Alcalde presentase o informe aclaratorio requirido polo Valedor ao respecto das queixas formuladas.

O Valedor recoñecía en novembro o dereito dos concelleiros non adscritos de acodir ás Comisións, pero non foi máis alás nas interpretacións contra un alcalde que “agradece que finalice esta cuestión e que o Valedor non aceptase as mentiras empregadas polos concelleiros da oposición co único fin de enredar o normal funcionamento do concello”.

Manuel Antelo pídelle a este grupo opositor que “abandone dunha vez por todas esa actitude de persecución contínua ao Alcalde, que deixe de intentar levar adiante a fallida moción de censura empregando diferentes artimañas e que empece a traballar polos veciños e veciñas de Vimianzo, sumando e achegando propostas e non restando e prexudicando ao Concello”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Grupo de Goberno do Concello de Vimianzo.

Comentarios