Sábado. 18.05.2024
El tiempo

O Valedor do Pobo recorda o dereito dos concelleiros non adscritos de acodir ás Comisións

O Valedor do Pobo recorda o dereito dos concelleiros non adscritos de acodir ás Comisións

Chegaba esta semana pasada o informe do Valedor do Pobo sobre o conflito aberto entre os Concelleiros non adscritos e o grupo de goberno no Concello de Vimianzo. Un informe que recoñece o dereito político dos concelleiros a a participar como non adscritos nas mesmas comisións informativas nas que figuraban cando eran membros do grupo socialista.

Unha resposta que valora positivamente o alcalde vimiancés, que considera que "o informe vén ratificar o correcto proceder da Alcaldía, tanto na organización do pleno coma na composición das comisións informativas e mesas de contratación".

Deste xeito, os concelleiros non poderían usar a súa incomparecencia nas Comisións, ás que deberían ter acodido, para "boicotear as sesións plenarias", segundo denuncia o alcalde.

Ademas, o" citado informe sinala que a designación dos membros das mesas de contratación é unha competencia do órgano de contratación, é dicir do Alcalde ou da Xunta de Goberno Local, non un dereito do cargo electo de concelleiro", especificando que “non existe recollido na lexislación o dereito de que todos os grupos municipais poidan designar un representante nas mesas de contratación”, indica o alcalde.

Deste xeito, Manuel Antelo agarda que "a resposta do Valedor do pobo sirva para zanxar estes asuntos dunha vez por todas e para rematar coa actitude boicoteadora que veñen tendo nos plenos os concelleiros asinantes da moción de censura".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios