Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Vimianzo volve quedar pendente dunha moción de censura

Vimianzo volve quedar pendente dunha moción de censura
Manuel Antelo o pasado dia 2 en rolda de prensa-Foto-Roberto Rua

Segue o Concello de Vimianzo pendente dunha posible moción de censura. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deixaba aberta esa posibilidade tras rexeitar o recurso do BNG á sentenza da xustiza que daba luz verde á moción tal e como a presentaran os edís non adscritos.

O BNG consideraba que ao seren xa considerados tránsfugas non poderían ter convocado a moción, pero esta sentenza entende que o sábado 2 de marzo, o día que o grupo de 7 edís se prantou a presentar a moción, tiña que ter habido alguén exercendo as funcións de Secretario. Así o veredito dá vía libre para presentar a moción cando os concelleiros censores presenten a copia testemuñada no rexistro do concello e será o pleno quen decida se se dan as condicións legais para que se celebre o pleno da moción.

Deste xeito, os opositores poderán solicitar de novo a moción de censura.

Se os opositores polo de pronto o que piden é a dimisión do alcalde, o propio Manuel Antelo considera que a sentenza non abre as portas a que se presente de novo a moción, se non que o indica é que daquela cumpría as condicións para presentala. Entende que os opositores "non se atreverán" á presentala pois "non teñen o respaldo do pobo".

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios