O Valedor do Pobo arquiva a denuncia dos concelleiros opositores contra o alcalde de Vimianzo
O Valedor do Pobo rexeitou finalmente as queixas presentadas polos sete concelleiros da oposición de Vimianzo promotores da fallida moción de censura, logo de que o Alcalde presentase o informe aclaratorio requirido polo Valedor ao respecto das queixas formuladas.
O Valedor recoñecía en novembro o dereito dos concelleiros non adscritos de acodir ás Comisións, pero non foi máis alás nas interpretacións contra un alcalde que “agradece que finalice esta cuestión e que o Valedor non aceptase as mentiras empregadas polos concelleiros da oposición co único fin de enredar o normal funcionamento do concello”.
Manuel Antelo pídelle a este grupo opositor que “abandone dunha vez por todas esa actitude de persecución contínua ao Alcalde, que deixe de intentar levar adiante a fallida moción de censura empregando diferentes artimañas e que empece a traballar polos veciños e veciñas de Vimianzo, sumando e achegando propostas e non restando e prexudicando ao Concello”.
Novas relacionadas
- Cruce de declaracións entre alcalde e edís non adscritos sobre as retribucións en Vimianzo.
- Vimianzo volve quedar pendente dunha moción de censura.
- O Valedor do Pobo recorda o dereito dos concelleiros non adscritos de acodir ás Comisións.
Fonte
- Grupo de Goberno do Concello de Vimianzo.