Sábado. 07.09.2024
El tiempo

O Xulgado declara sobreseída unha causa contra o alcalde de Vimianzo

O Xulgado declara sobreseída unha causa contra o alcalde de Vimianzo

Apenas un dia despois de pasar declaración polo asunto da secretaria, o alcalde de Vimianzo tivo noticia do arquivo dunha causa aberta contra el a raíz dunha denuncia do concelleiro de IxV Manuel Soto.
Manuel Soto acudira ao Cuartel da Garda Civil do municipio soneirán logo de que nun Pleno municipal non lle fose permitido presentar propostas resolutivas ao non seren consideradas de urxencia.

O xuíz, Iván Barrallobre, despois de comprobar os feitos, decretou o arquivo da causa por considerar que os feitos denunciados non son pertinentes de ser resoltos pola vía penal, xa que, de facelo así, sería “extender de forma intolerábel o dereito penal ao ámbito político”.

O alcalde, Manuel Antelo, valora o auto xudicial dunha maneira “moi positiva xa que reafirma as súas posicións de non xudicializar a vida política e de non trasladar o debate político ao ámbito xudicial”.

Máis información

Novas vimiancesas

Fonte

  • Grupo de Goberno de Vimianzo.

Comentarios