Sábado. 24.02.2024
El tiempo

Os impulsores da moción de censura irán pola vía xudicial

Os impulsores da moción de censura irán pola vía xudicial
Impulsores da mocion de censura en Vimianzo-Foto-Eldiarioes

A día de hoxe non sabe se forma ou non parte do PSOE. Así o asegura José Manuel Rodríguez Blanco, Roque, tras escoitar da man do alcalde que o PSdG vén de expulsalo, e tras achegarse á delegación madrileña do partido en Ferraz onde lle aseguraban que é militante a todas luces. E o facía pública nunha rolda de prensa onte no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, por certo, á que non fomos invitados.

Roque, postulado como alcalde na fallida moción de censura, asegura que recurrirá a Xustiza dous asuntos claves: a súa expulsión do PSOE e mais a situación que aseguran ter vivido estes días no Concello.

Roque afirma que vai denunciar a expulsión do partido: "Non é normal que suspendan a un milintante sen darlle unha audiencia. E ademais non teño tan clara a miña expulsión, porque segundo nos enteiramos, que a nós ninguén non informou, da nosa expulsión, fumos ata sede do partido en Santiago, pero alí non sabía nada. Fumos tamén a Ferraz na noite do luns, en Madrid, de onde trouxen un escrito dicindo que a 5 de marzo son militante con todas as letras. E iso é o que imos denunciar porque as expulsións teñen que ver de Ferraz, pero aquí chegou a expulsión de Pablo García, e este señor non ten competencia para asinar unha expulsión", explica.

Roque explica tamén que vai denunciar a situación que se viviu estes días no Concello de Vimianzo, onde asegura que "estivemos 3 días se Secretaria". Roque explica que "non é que fixeramos mal a presentación da moción, é que non estaba a Secretaria no seu posto de traballo o sábado pola mañá e sen embargo si que a vimos pola tarde". "É máis, o luns había convocadas unhas comisións onde pensabamos dar constancia á Secretaria da moción, pero estas foron anuladas sen previo aviso. E por se fora pouco, o martes pola mañá, cando intentamos de novo que nos asinase a Secretaria a omoción, metéronnos a man para botarnos da oficina e todo. O que nos fixeron o Secretario en funcións e o alcalde non ten precedentes en toda Galicia", denuncia Roque, que remata cun claro "ante isto non nos queda máis remedio que recurrir, e presentaremos as denuncias ao longo desta semana".

Polo pronto quedamos á expensas das mesmas, pero o pleno da moción de censura quedou cancelado.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios