Os irmandiños tamén apoian a ILP polos dereitos lingüísticos do galego no edio socioeconómico
07:30 03/07/17
Que mellor espazo que a revolta irmandiña para buscar apoios normalizadores. Deron a cara e a súa sinatura centos de irmandiños para apoiar a ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) que está impulsando A Mesa pola Normalización Lingüística. A Mesa desprazouse ata Vimianzo aproveitando a fermosa festa do Asalto ao Castelo e foron máis de medio millar as persoas que asinaron o manifesto.
A xornada foi moi satisfactoria e os asistentes mostráronse moi interesados pola situación do galego no ámbito empresarial e comercial, mesmo chegaron a propoñer que a campaña se ampliase a moitos máis ámbitos alén do socioeconómico.
Segundo o coordinador da ILP, Luís Pérez, esta iniciativa pretende impulsar un desenvolvemento legal que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais, xa que a súa inexistencia, malia ser o galego unha lingua cooficial en Galiza, provoca continuamente situacións de vulnerabilidade, indefensión, denegación da atención e na prestación dos servizos.
A ILP xa tivo numerosos apoios por Bergantiños e continúa percorrendo o país.
Novas relacionadas
Máis novas
-
-
- Mobilización en Corcubión despois de que o rexistro civil lle denegase a unha veciña a galeguización do apelido “Rey”.
- A Mesa volve denunciar unha marea de topónimos incorrectos na rotulación pública de Bergantiños
- Cee pide galego
- Este luns 16 de novembro, Mesa redonda sobre o galego.
- A Mesa convoca un acto para promover o uso do galego en Cee
- Galicia Bilingüe levará aos tribunais a ordenanza do galego se sae aprobada polo pleno de Cee
- Cee queda sen regulamento para o impulso da lingua galega pola negativa de PSOE, PP e Ciudadanos
-
-
- Redacción QPC ([email protected])
- A Mesa