Os maiores de Vimianzo cambian o Atlántico polo Mediterráneo
Menuda viaxe que se están a pegar máis dun cento de veciños e veciñas do Concello de Vimianzo nunha viaxe organizada para os maiores de 55 anos. Unha viaxe que espertou moito interese na veciñanza, que deseguido ocupou as prazas dispoñibles.
Saíron de Vimianzo o pasado xoves pola tarde e logo de cear no Parador de Villafranca del Bierzo chegaron a Benidorm o venres pola mañá. O domingo tiveron unha visita guiada á cidade de Alicante na que visitaron, entre outros lugares, os castelos de Santa Bárbara e de San Fernando, o Parque Canalejas, a Lonja de Pescado ou a illa de Tabarca.
Hoxe luns visitarán o Parque Mundomar, no que verán animais como os flamencos, as tartarugas, os cisnes ou as nutrias.
O xoves 25 emprenderán a viaxe de regreso, xantando nas aforas de Madrid e merendando en Vega de Valcarce. A chegada a Vimianzo está prevista para o xoves as 22:00 h.
Fonte
- Concello de Vimianzo.