Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Os maiores de Vimianzo coñecen o patrimonio do municipio

Os maiores de Vimianzo coñecen o patrimonio do municipio
programa-envellecemento-vimianzo Os veciños e veciñas de Vimianzo visitaron lugares como Serramo (na imaxe), o dolmen de Pedra Cuberta ou os Batáns do Mosquetín Máis de setenta persoas participantes no programa de envellecemento activo que promove o concello de Vimianzo achegáronse o pasado mércores ao partimonio do Concello de Vimianzo. Acompañados polos monitores do dito programa, do técnico de turismo do concello e do alcalde - Manuel Antelo- visitaron o conxunto etnográfico dos Batáns do Mosquetín e os dólmenes de Pedra Cuberta e Pedra da Arca. Con esta visita preténdese achegar o patrimonio vimiancés á poboación do municipio e contribuír á posta en valor e a dinamización do mesmo. Moitos dos participantes manifestaron non coñecer algúns destes elementos patrimonais do seu municipio polo que dada a boa acollida da excursión o concello xa pensa en repetila en próximas datas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios