Os maiores de Vimianzo poden aprender a usar o ordenador coa Cruz Vermella
Aporta datos interesantes a Cruz Vermella sobre o uso de internet entre os nosos maiores. E nós sabemos ben do que falan pois temos impartido cursos aos nosos maiores por toda a bisbarra, e sabemos tamén o moito que agradecen aprender. Cursos de alfabetización dixital para maiores que agora impartirá a Cruz Vermella de Vimianzo, para que os maiores de 55 anos aprendan a manexar os ordenadores.
I é que o 43,8% das persoas entre 65 e 74 anos non utilizan internet por falta de coñecementos. E aí hai que traballar porque está comprobado que as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC`s) promoven a vida independente e a autonomía persoal das persoas maiores. De feito, as persoas maiores que usan un ordenador unha ou máis veces por semana teñen unha probabilidade dun 42% menor de desenrolar deterioro cognitivo leve. Ademais, grazas a este tipo de dispositivos, unha persoa maior pode acceder a un conxunto moi amplo de servizos. Pero o seu manexo non sempre resulta evidente para a maioría destas persoas e por elo é necesario realizar unha formación adecuada e personalizada.
O Curso
O obxetivo deste curso é que as persoas maiores aprendan a utilizar estos dispositivos e poidan estar ao día nas novas tecnoloxías, tendo en conta a importancia que teñen na sociedade actual. Estes talleres de formación son posibles grazas á colaboración do Concello de Vimianzo, que cede a aula CEMIT para a impartición dos mesmos e á Fundación Vodafone, que elaborou as guías de uso e vídeos explicativos. Aprenden, por exemplo o funcionamiento básico dun ordenador, manexo dos programas, conectarse e navegar por internet. Deste modo, estes talleres teñen tamén un papel relevante no traballo para a inclusión social das persoas.
Inscrición
Esta iniciativa comprende a realización dun taller gratuíto, durante o mes de novembro e decembro, dirixido a un grupo de 10 participantes, coa finalidade de promomer unha atención máis personalizada. Celebarase os xoves 17 e 24 de novembro e 1 de decembro, en horario de 17:00 a 19:00, para o que ainda quedan prazas dispoñibles. A inscrición pode realizarse directamente na sede de Cruz Vermella Vimianzo ou no teléfono 981 71 71 36.
Novas relacionadas
- QPC axudou a reducir a fenda dixital en Ponteceso.
- QPC espalla o poder da rede entre os maiores de Dumbría.
Fonte
- Cruz Vermella.