Os maiores universitarios da Costa da Morte xa teñen o seu Diploma
17:22 11/06/18
Diplomados da Universidade Senior da Costa da Morte
Xa teñen o seu Diploma oficial os máis de 65 participantes nos no Programa de Formación “Compartir experiencias e coñecemento” para maiores de 50 anos da Costa da Morte. Esta mañá de luns 11 de xuño acodían ao Paraninfo da Reitoría da UDC para recoller as acreditacións formando xa parte da XIV Promoción de Graduados e Graduadas Sénior pola Universidade da Coruña.
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e o tenente de Alcalde, Óscar Lema, acompañaron aos alumnos neste proxecto piloto denominado “Compartir experiencias e coñecemento”, que nacía co afán de democratizar a formación e facela chegar aos maiores do país e as zonas rurais, e se desenvolveu durante os meses de abril e maio en Baio.
A Universidade Senior da Coruña – dirixida por Matilde García – organizou este programa o en colaboración co GDR Costa da Morte e co apoio da Deputación Provincial da Coruña e da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello zaseiro.