Os sorprendentes deseños de Noelia Pose Antelo toman Vimianzo


Segue Vimianzo demostrando estar tremendamente “Orgullosos do noso”. Así é o lema do programa de exposicións da Sala Antón Mouzo, que pretende conseguir que os artistas locais sexan profetas na súa terra. Os últimos que veñen de ocupar a Sala son os vestidos do Sky-Frame de Noelia Pose Antelo, a deseñadora de moda de Berdoias.
O ambiente foi estupendo. Numerosos veciños se achegaron a coñecer de primeira man o sorprendente traballo de Noelia. Practicamente todo Berdoias estivo alí, ou polo menos representación de todas as casas.
“Houbo máis xente da que pensaba. Sentinme moi arroupada. Contenta por mostrar o traballo e sobretodo pola acollida dos participantes na inauguración. Todos os que se acercaron o evento e viñeron a falar conmigo, dixéronme que lles sorprenderá a exposición, porque pensaban que se ían atopar outra cousa”, recoñece a propia artista.
I é que os vestidos de Noelia non é roupa común, como podedes comprobar nestas imaxes que nos cede o Concello vimiancés.



Sky Frame
Sky Frame foi o nome do proxecto co que Noelia, deseñadora de moda de Berdoias, resultou gañadora do certame de novos deseñadores “Torre de Hércules”. Un espectacular traballo creativo, digno das máis prestixiosas pasarelas de moda, inspirado nas formas arquitectónicas do século XX, creando a través das texturas e dos volumes. A partir do venres todos poderemos coñecer o traballo realizado por esta veciña de Berdoias, que ben seguro non deixará indiferente a ninguén.
A exposición poderá visitarse ata o 6 de marzo.
Máis novas de Vimianzo
- Nolo Suárez en Vimianzo.
- A Simona puxo a palillar a todo Vimianzo no Castelo.
- O liño mantén vivo o Castelo de Vimianzo.
- Viki Rivadulla fixo soar O Bruar da Bughina en Vimianzo.
- Vimianzo ensalza a obra de Juan A. Cundíns, un novo artista local.
- Vimianzo vivíu unha emotiva fin de semana de pintura e teatro coa mostra de Chelo Lema.
- Vimianzo segue, co escultor Suso Fuentes, poñendo en valor aos artistas locais.
- Viki Rivadulla na Sala do Perello: Dos retratos de Antonio Nodar aos autorretratos dos nosos gobernantes.
- De London a Vimianzo co auto-retrato de Antonio Nodar.
- Xurxo Martiño demostra o potencial artístico vimiancés na casa.
- As escolas de Vimianzo comezan o seu programa cultural con Antón Mouzo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).