Os veciños de Salto recuperan a memoria de Dona Carmen Neira Marcos nunha documental

08:16 18/12/13

Xa ten unha estatua e mesmo unha praza ao seu nome. Pero é que a mestra Dona Carmen Neira Marcos merece unha vila enteira. Así o pensan os membros da Asociación Neira Marcos de Salto, que o vindeiro sábado 28 de decembro presentarán un vídeo realizado sobre ela.
O vídeo recolle a testemuña de moitas persoas que a coñeceron, a maioría delas foron alumnos e alumnas. Hoxendía, 26 anos despois do seu pasamento, Dona Carmen segue viva na morte.
A cita será o sábado 28/12/2013 ás 20:30h na Casa da Cultura de Vimianzo.
Novas relacionadas
- Unha estatua pola gran mestra Dona Carme Neira Marcos.
- Unha praza por Dona Carmen Neira Marcos.
- O laxense Juan Antonio Posse: un crego liberal e vangardista.
Fonte
- Nota de prensa da Asociación Neira Marcos.