Papa Noel volve por Vimianzo a través das Novas Tecnoloxías

09:45 17/12/12

Non é o Apalpador, que sería máis propio, pero é que este ten que chegar dende Laponia, e as Novas Tecnoloxías ponllo máis fácil para visitar aos pequenos de todo o mundo. E entre eles aos vimianceses, pois Un grupo de 60 rapaces do Colexio San Vicenzo se achegarán mañá martes ás 10.30 e as 12.30 da mañá a aula CeMIT de Vimianzo para facer as súas peticións a Papa Noel a través de videoconferencia.
O centro conectará con Laponia maña ás 10.30 e as 12.30 da mañá Máis de 1.300 rapaces de 24 concellos galegos participarán nesta iniciativa entre o 12 e o 19 de decembro desde as aulas CeMIT dos seus municipios.
Novas relacionadas
- 2012: O Concello de Vimianzo comparte o Nadal.
- Unha noite co Apalpador.
- 2010: Os pequenos de Vimianzo falaron con Papa Noel gracias ás Novas Tecnoloxías.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).