Mércores. 24.04.2024
El tiempo

De Pasarela a Senegal para “modernizar África”

Ricardo Vidal dende Senegal
Ricardo Vidal á sombra dun baobab en Senegal
De Pasarela a Senegal para “modernizar África”

Cambiou os coches pola fibra óptica para “modernizar África”. Ricardo Vidal, unha lenda do mundo do motor dende a súa “República de Pasarela”, segue aos seus 71 anos traballando a pé do cañón. Agora mesmo atopa en Senegal instalando fibra óptica coa súa empresa Vijosa Red XXI (da que tamén é socio o vimiancés Santiago do Coto, e un amigo asturiano), para o goberno local e Eliteka, unha empresa moi forte que traballa para Teléfonica. “Estamos modernizando África”, explica satisfeito mentres lanza ordes nun perfecto francés a un operario senegalés ao cambiaren o motor a un coche da empresa.

Atópase a 50km de Dakar, preto do Lago Rosa, traballando coma un rapaz. “71 anos e aínda estou cotizando, nunca estiven no paro dende os 13 anos”, lembra orgulloso ao tempo que recoñece que do mundo do motor se cadra “xa estaba un pouco…” En calquera caso, está encantado co seu periplo africano: “A temperatura é magnífica, ás veces un pouco calor de máis pero eu aguantou moito mellor o calor que o frío”, di temendo xa as temperaturas que se vai atopar este nadal na comarca soneirá. “Levo tres anos e nin un resfriado”, bromea.

”O PSG da Costa”

Pasa 3 meses no corazón africano, en fronte do estadio máis grande de Senegal, en Thiés, e volve un par de semanas á “República de Pasarela”, mentres lembra os seus tempos nos que formaba parte da directiva do Soneira SD. Este ano non pode seguir a actualidade das Ligas da Costa, pero quere enviar unha mensaxe de ánimo ao seu equipo.

Recorda aqueles tempos do “boom, cando eramos como o PSG, igualito, porque gastábamos como area en fichaxes e demais, pero non ganábamos un título”, ri. “Teño recordos de moitos xogadores da Costa que eran mellores que os de 1ª División. Cambeiro, Gorrión, Tatá, Mikulita… Nós tivémolos todos, os mellores de todos lados… ás ordes Manín, un gran adestrador como Simeone”.

En calquera caso, lembra que “son do Soneira, pero tamén de todos os equipos do Fútbol da Costa”, pero quixo mandarnos esta mensaxe durante a retransmisión do Negreira-Soneira para apoiar aos seus irmandiños.

Comentarios